Compostela Castellano  Galego  

cultur@rte

arte e cultura

DO GAUDEAMUS IGITUR AO VENCEREMOS NOS

17/03/2008

Temos tamén en Compostela unha exposición no pazo de Fonseca que trata da historia e do recordo, nesta ocasión e dos feitos acontecidos na nosa cidade no Maio do 68, que como sabemos foi un ano de reivindicacións, de rebeldía, de loita polas libertades democráticas, e todo cun novo aire xuvenil, festivo e de liberdade.
Así aparecen recreados na exposición, con fotos, documentos, espacios, habitacións dos estudantes, traxes da policía, entre outros, os ambientes e sucesos daquela época.
O nacemento da canción protesta con Voces Ceibes, as xuntanzas estudiantiles, os enfrentamentos coa policía, os encerros nas facutades, os detidos, etc. , un amplio percorrido por aqueles anos que marcaron unha xuventude, que a partir daquela, foi mais crítica e reflexiva, mais comprometida e reivindicativa.
Algúns dos participantes naquelas protestas, hoxe en día teñen cargos políticos e de responsabilidade no ensino, ou
noutros campos, adaptándose a novas circunstancias da vida e da sociedade,tendo que ser mais prácticos e realistas, mais sempre quedará algo(ou eso espero) de utopía, de soños e ilusións, que marcaron os tempos do maio do 68.
Un saúdo de Nolo.

http://compostela.cidadans.net/culturrte/2008/03/17/do-gaudeamus-igitur-ao-venceremos-nos/
0 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

    Aún no hay Comentarios para esta anotación...

Publicar un comentario

Puedes_realizar_comentarios_utilizando_tu_nombre_de_usuario_y_contraseña



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados