Compostela Castellano  Galego  

cultur@rte

arte e cultura

NO CENTENARIO DO PINTOR LAXEIRO

25/02/2008

Cúmprense neste ano o centenario do nacemento do pintor de Lalín, Laxeiro, pintor xenial é un dos referentes da pintura galega dende os anos 70. Pois a súa pintura parte das figuras do románico, do barroco, e logo vai evolucionando ata unhas formas antropomorfas mais cercanas o abstrato.
Pintor que nace en Lalín, e logo marcha para Cuba, volve a Galiza, e mais tarde nos anos 50 marcha para Bos Aires, donde entra en contacto cos artistas e intelectuales galegos exiliados, e donde ten unha gran actividade como pintor.
Volta a Galiza nos anos 70, e alterna a súa vida entre Madrid e Vigo, con estancias tamén en Lalín, e a súa actividade pictórica incrementase notablemente con moitas exposicións, carteles, murais, participa en actos con xóvenes pintores, en actos solidarios e de compromiso, e sempre dende unha óptica de optimismo, humor e creatividade.
Personaxe inesquecible, a súa presencia e a súa vida, tiña tamén elemento como os da súa pintura, imaxinación, transgresión, fabulación.
Mais a pesar de ser coñecido en Galicia, no resto do Estado, non estaba tan recoñecido, por eso agora durante este ano do seu centenario, a Fundación Laxeiro, e outras Institucións van facer numerosos actos, exposicións, catálogos, para dar a coñecer mais a súa obra, e ter logo un papel na historia da arte, que ben lle corresponde. Estaremos pendentes e daremos conta delas.
Un saúdo de Nolo.

http://compostela.cidadans.net/culturrte/2008/02/25/no-centenario-do-pintor-laxeiro/
0 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

    Aún no hay Comentarios para esta anotación...

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados