MARGA CRESPO NA ZONA "c"
venres, 11 de abril de 2008 13:22
Temos estos días de Abril a exposición da escultora Marga Crespo na Zona "C", titulada Estrutura Binaria, que consta de dúas estruturas suspendidas do teito facendo unha conxugación estética moi interesante, e tamén por outra parte desafiante a gravedade, pois dá a impresión que o pasar por debaixo delas pode pasar algo, mais non hai problema, pois estuvo moi estudado o deseño e a forma de colgalas, con suxecións moi seguras para que se manteñan así penduradas do aire.
E é precisamente o xogo no aire, o tamaño, e as formas o que
impacta nesta obra de Marga, obra de factura minimal, de poucos elementos, pero claves no espazo da Zona C para desenvolver o seu proxecto escultórico e espacial.
Unha ocupación pois do espazo diferente, es suspensión, mantendo equilibrios abertos, tan difíciles nestes tempos de presas, de inquedanzas continuas, de rapideces dixitais.
Unha proposta interesante esta de Marga na Zona "C" de Compostela.
Un saúdo de Nolo.
A HISTORIETA GALEGA 1973-2008
luns, 07 de abril de 2008 10:26
Estamos tendo nestes días unha exposición no Auditorio de Galicia sobre a Historieta Galega, unha mostra ampla, que abarca traballos dende o 1973 ata o 2008, que foi comisariada por Gemma Sesar e Fausto Isorna. Esta mostra ademais quere ter tamén uns fins didácticos, o organizar aredor dela, numeros obradoiros e actividades que teñen que ver coa Historieta.
Podemos ver traballos dende os inicios, como os de I. Diaz Pardo, Raimundo Patiño, Xaquín Marín,Chichi Campos, Pepe Carreiro, ata outros mais atuales como Miguelanxo Prado, Jacobo Fernández,Fausto Isorna, Suso Peña, entre outros.
A Historieta, que nos revela esas historias contadas con debuxos e textos, soños e imaxinacións, denuncias ou leendas, historias con dramas ou con humor, todo elo ten cabida na Historieta, da man dos nosos debuxantes, onde traballo artesán e por medio de ordenadores van configurando ese resultado que logo terá que ser plasmado no papel.
A Historieta Galega, como outras actividades culturais, tuvo momentos de expansión, outros de retroceso, e agora mesmo o parecer volve a ter un momento expansivo, polo cal desexamos que así siga por moito tempo.
Unha boa oportunidade para coñecer algo mais dun aspecto da nosa historia e actualidade, da banda deseñada, da historieta como aportación a nosa arte e cultura.
Un saúdo de Nolo.
DO GAUDEAMUS IGITUR AO VENCEREMOS NOS
luns, 17 de marzo de 2008 11:23
Temos tamén en Compostela unha exposición no pazo de Fonseca que trata da historia e do recordo, nesta ocasión e dos feitos acontecidos na nosa cidade no Maio do 68, que como sabemos foi un ano de reivindicacións, de rebeldía, de loita polas libertades democráticas, e todo cun novo aire xuvenil, festivo e de liberdade.
Así aparecen recreados na exposición, con fotos, documentos, espacios, habitacións dos estudantes, traxes da policía, entre outros, os ambientes e sucesos daquela época.
O nacemento da canción protesta con Voces Ceibes, as xuntanzas estudiantiles, os enfrentamentos coa policía, os encerros nas facutades, os detidos, etc. , un amplio percorrido por aqueles anos que marcaron unha xuventude, que a partir daquela, foi mais crítica e reflexiva, mais comprometida e reivindicativa.
Algúns dos participantes naquelas protestas, hoxe en día teñen cargos políticos e de responsabilidade no ensino, ou
noutros campos, adaptándose a novas circunstancias da vida e da sociedade,tendo que ser mais prácticos e realistas, mais sempre quedará algo(ou eso espero) de utopía, de soños e ilusións, que marcaron os tempos do maio do 68.
Un saúdo de Nolo.
100 ANOS DO HIMNO GALEGO
mércores, 05 de marzo de 2008 10:56
Temos que añadir os centenarios que se celebran este ano, tamén o do noso Himno, que gracias o interés de Fontela Leal, foi estrenado na cidade da Habana o 20-XII-1907, cos verbos da poesía de E.Pondal "Os Pinos", e música de Pascual Veiga.
O noso himno forma parte da nosa historia e da nosa cultura, e ben sendo unha peza fundamental para a nosa identificación como pobo. De ahí a importancia de celebrar este centenario, e para elo está a Exposición na Igrexa de Sto Domingo de Bonaval, A NOSA VOZ : Cen anos de Himno Galego, donde se recollen abundantes documentos referentes o Himno, como partituras, instrumentos musicais, bandeiras, notas de actos diversos, cadros de artistas xa falecidos que se inspiraron no tema, entre outras cousas. Tamén impresiona a entrada a cascada de auga, onde se van iluminando os versos do Himno. Nél reafirmase o sentimento de pobo, onde os bos e xenerosos a nosa voz entenden, mentras que os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non os entenden, non.
Seguiremos logo a cantar e a berrar para que o fogar de Breogán desperte do sono, e comenze un futuro de esperanza e oportunidades para a nosa nazón de Breogán.
Un saúdo de Nolo.
+ ver máis >>